sfCousa ou acción que se fai para solucionar un asunto.
DER
sfActa que deixa constancia da maneira e circunstancias en que se executa un acordo ou unha decisión xudicial.
sfManifestación de coñecemento que nun procedemento civil, penal ou administrativo, recolle a constancia dun feito concreto para que un órgano xudicial adopte a resolución que proceda.
sfConxunto de actuacións que conforman un procedemento xudicial.
dilixencias preliminaresActividades previas ao proceso xudicial que o preparan para o inicio do mesmo.
dilixencias previasInstrución previa das causas criminais, na fase anterior á que as mesmas se continúen por calquera das tramitacións procesais previstas.
sfCarruaxe grande que se empregou no transporte regular de viaxeiros e que recibiu este nome pola súa velocidade.