dilatación

< lat dilatatiōne
Pliral: dilatacións
  1. s f Acción e efecto de dilatar ou dilatarse.
  2. s f MED Operación que se emprega para aumentar o calibre dun orificio ou dun conduto.
  3. FÍS
    1. s f Aumento do volume e das dimensións dun corpo polo efecto da calor, sen modificación da súa natureza nin do seu estado.
    2. dilatación de tempos Efecto relativista segundo o que un reloxo en movemento mide un tempo superior ao que equivale un reloxo en repouso.
  4. s f MED Aumento normal ou patolóxico das dimensións dun orificio, dunha cavidade ou dun órgano oco.
  5. dilatación do corpo PAT Engrandecemento das cavidades do corpo como consecuencia dun aumento do volume sanguíneo ou das resistencias da árbore circulatoria.

Citas

  • Na clase estivemos estudiando a dilatación da meniña do ollo aplicándolle e quitándolle luz