< lat acucula ‘agulla pequena’ dim de acus ‘agulla’
Pliral:agullas
sfBarriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.
sf
Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.
Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.
sfANIMAL/ICT
Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.
Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.
sfPicor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos
sfARQUIT/DECAcabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.
BÉL
sfBarra grosa de ferro, cunha argola nun dos extremos, que era empregada en artillaría para diferentes usos.
agulla de fusilArame delgado que os soldados levaban na correa da cartucheira para limpar e desatascar o canón dos fusís de pistón.
agulla percusoraPequena barra de aceiro destinada a bater o fulminante do cartucho nos antigos fusís de agulla. Posteriormente foi substituída polo percusor.
sfBOTFolla longa e delgada.
COMUN/TRANSP
sfCada un dos trozos de raíl afiados por un extremo e articulados polo outro, que guían as rodas do ferrocarril nos cambios de vía.
sfNome dado a todo o conxunto que constitúe a desviación.
agulla aéreaDispositivo que, nas liñas electrificadas, corresponde aos cambios de vía e permite aos pantógrafos pasar axeitadamente dunha catenaria a outra.
agulla de descarrilamentoAgulla instalada xeralmente en vías secundarias que fai descarrilar o tren ou vagón para evitar que entren nunha vía indebida.
FÍS
sfBarra de aceiro imantado, libre para poder xirar enriba dun punto que se orienta na dirección do meridiano magnético do lugar onde se atopa.
sfCada unha das barras de aceiro provistas dunha punta cambiable que regulan o diámetro do chorro de cada inxector e, polo tanto, a potencia da turbina, nas turbinas Pelton.
agulla de declinaciónAgulla magnética empregada para medir a declinación magnética.
agulla de inclinaciónAgulla magnetizada empregada para medir a inclinación magnética.
agulla de inxectorÓrgano de regulación fina da cantidade de combustible que pasa do inxector ao cilindro dun motor de encendido por compresión.
agulla estáticaAgulla imantada que grazas á súa construción, non se ve afectada pola acción do magnetismo terrestre.
sfGRÁFPunzón de ferro ou de aceiro para debuxar o que se vai gravar á augaforte.
sfMEDInstrumento punzante, xeralmente unido a unha xeringa que se emprega para inxectar ou extraer substancias no organismo.
sfTira metálica pequena empregada en certos aparellos de medida e precisión para sinalar o correspondente valor sobre unha gradación xa establecida ou ben a posición de equilibrio.
agulla de fonógrafoTECNOLParte móbil dunha cápsula fonocaptora.
agulla de pastorPLANTAPlanta herbácea anual, da familia das apiáceas, de talo estriado, follas bi ou tripinnadas e froito cilíndrico e comprimido lateralmente.
agulla de portalHISTFuncionario que durante a Idade Media cobraba o paso polas portas nunha cidade ou vila amurallada.
agulla do temónMARCada unha das pezas pequenas sobre as que xiran as porcas do temón.
agulla dos minutosDispositivo que, nun reloxo, sinala os minutos.
agulla xiroscópicaMARInstrumento de orientación baseado nas propiedades do xiroscopio.