difusión

< lat diffusiōne
Pliral: difusións
  1. s f Acción e efecto de difundir ou de difundirse.
  2. s f ANTROP/CULT Proceso de cambio cultural mediante o que diferentes elementos dunha cultura pasan a outra.
  3. s f QUÍM/FÍS Transporte de materia que se produce polo movemento molecular ao azar dun lugar onde a concentración é máis elevada a outro onde é máis baixa, ata chegar a unha igualdade de concentracións.
  4. s f FÍS Alteración da distribución dunha radiación que se propaga en múltiples direccións despois de ser reflectida nunha superficie ou de atravesar un medio determinado.
  5. s f IND/TECNOL Etapa da extracción do azucre en que se deixa a remolacha en contacto con auga quente co fin de disolver a sacarosa.
  6. s f COMUN Número total de exemplares do mesmo número distribuídos por calquera publicación impresa, ben sexa xornal ou revista.
  7. difusión facilitada BIOQ Transporte de moléculas a través da membrana celular, que non require o consumo de enerxía.
  8. difusión simple BIOQ Mecanismo que consiste na difusión de moléculas pequenas, solubles nos lípidos, a través da matriz lipídica da membrana celular.

Sinónimos

Citas

  • A noticia da voda tivo unha gran difusión en todos os medios de comunicación