dicotomía

< gr διχοτομία ‘división en dúas partes’
Pliral: dicotomías
  1. s f División en dúas partes.
  2. s f BOT Ramificación en que cada eixe se divide en dous.
  3. s f FILOS Método de clasificación en que as divisións e subdivisións son binarias.
  4. s f ASTRON
    1. Fase da Lúa en que só é visible a metade do disco.
    2. Fase dos planetas interiores, Mercurio e Venus, en que só está iluminada polo Sol unha metade do planeta.