dicción

< lat dictĭōne
Pliral: diccións
  1. s f
    1. Maneira de falar, pronunciar ou expresar un enunciado.
    2. Arte de dicir, recitar ou falar con xusteza e coas maneiras axeitadas.
  2. figuras de dicción LIT Figuras retóricas que actúan directamente sobre a expresión lingüística e poden afectar tamén ao sentido dos enunciados. Divídense en metaplasmos, que afectan ao nivel fónico, e metataxes, que inciden sobre a morfoloxía e a sintaxe.