diátese

< lat diathĕsis gr διά0εσις   ‘disposición’
Pliral: diáteses
  1. s f PAT Condición do organismo, conxénita ou adquirida, que predispón a contraer unha enfermidade ou un tipo de enfermidades.
  2. PAT
    1. s f Conxunto de afeccións diferentes que afectan a un individuo e que teñen unha causa común.
    2. diátese artrítica Enfermidade atribuída a deficiencias nutricionais e que se manifesta con ataques de gota, obesidade ou litíase.
  3. s f LING voz.
  4. s f LING Correspondencia que se dá entre argumentos e funcións sintácticas.