diástase

< gr διάστασις ‘separación’
Pliral: diástases
  1. s f PAT Separación de dous ósos sen fractura nin luxación que normalmente están xuntos.
  2. s f BIOQ Fermento contido no cuspe, nos grans dos cereais, tubérculos e noutras partes vexetais que actúa sobre o amidón dos alimentos transformándoo en azucre.
  3. diástase abdominal PAT Separación dos músculos rectos abdominais que ocorre algunhas veces no embarazo e despois de operacións abdominais.