diario -ria

< lat diarĭu
Pliral: diarios Masculino: diario Masculino plural: diarios Femenino: diaria Femenino plural: diarias
  1. adx
    1. Que corresponde a cada día.
    2. Que se realiza todos os días.
  2. s m Periódico que se publica cada día.
  3. s m LIT Texto autobiográfico en que se realiza unha constatación minuciosa de feitos de cada día, pensamentos ou estados de ánimo.
  4. s m Libro de contabilidade obrigatorio onde se rexistran todas as operacións comerciais, activas e pasivas, realizadas diariamente e por orde cronolóxica.
  5. diario de máquinas Libro en que os maquinistas que están a bordo de buques rexistran datos relacionados co funcionamento das máquinas e co consumo de combustible e lubricante.
  6. diario de navegación MAR Libro que levan a bordo os oficiais da mariña para copiar todas as anotacións que se fan no caderno de bitácora.
  7. diario de operacións BÉL Relación detallada e diaria de todo o que lle aconteceu a unha unidade armada nunha campaña, nunhas manobras ou noutra comisión de servizos.
  8. diario falado COMUN Xénero radiofónico que consiste en transmitir información oralmente.

Sinónimos

Citas

  • A miña irmá di que non lle chegan 12 euros para o diario
  • Danme unha paga diaria de 6 euros
  • Non coñezo ningunha publicación diaria
  • O meu pai le o diario todos os días antes de comer
  • O teu pai está diario berrándoche

Frases hechas

  • A diario
  • 1 loc adv Todos os d
  • 2 loc adv Todos os d
  • De diario loc adx Que se usa todos os d