diámetro

< lat diamĕtrus gr διάμετρος
Pliral: diámetros
    1. s m MAT Corda que pasa polo centro dunha figura, un círculo, unha sección cónica ou unha esfera.
    2. s m MAT Liña que divide pola metade un sistema de cordas paralelas dunha curva.
    3. diámetro aparente ASTRON Arco do ángulo determinado polas dúas visuais dirixidas por un observador aos extremos do diámetro dun astro.
    4. diámetro normal dunha árbore BOT Diámetro da árbore medida a 1,30 m sobre o nivel do chan.
    5. diámetro primitivo TECNOL Diámetro teórico da circunferencia imaxinaria que se utiliza para calcular engrenaxes e que se correspondería co punto en que estas entran en contacto.
    6. diámetros conxugados MAT Parella formada por un diámetro e o definido por un sistema de cordas paralelas ao primeiro.
  1. s m Amplitude dun corpo redondo medida desde un costado ao outro pasando polo medio.

Citas

  • Este prato ten 20 cm de diámetro