adxRelativo ou pertencente aos diaguitas ou á súa lingua.
s[ETN/HIST]Individuo do pobo diaguita.
sm pl[ETN/HIST]Pobo amerindio que viviu, desde o s X no NO de Arxentina, agrupado en pequenas aldeas, en construcións de barro, palla, canas e madeiras e cultivaban millo, quínoa, papas, porotos e zapallos, ademais de algodón. A chegada dos conquistadores europeos ao seu territorio (1540), orixinou a súa desaparición.
sm[LING]Lingua amerindia que falaba o pobo diaguita. Desapareceu no s XVII ao impoñerse o quechua.
Citas
A cultura diaguita desapareceu como outras precolombinas