diabete

< lat diabētes gr διαβ ή της, de διαβαίνω ‘atravesar’
Pliral: diabetes
  1. s f PAT Grupo de afeccións caracterizadas por un exceso de diurese e de sede intensa.
  2. diabete insípida PAT Enfermidade que se caracteriza por unha alteración na regulación hidrosalina do organismo.
  3. diabete mellitus/sacarina PAT Síndrome que se caracteriza por un trastorno do metabolismo dos hidratos de carbono, en que se produce un aumento da concentración de glicosa en sangue e a aparición de glicosa nos ouriños.
  4. diabete química PAT Diabete que se dá asintomaticamente en persoas que presentan unha curva de glicemia patolóxica. OBS: Tamén se denomina intolerancia á glicosa.