smDispositivo ou aparato que se utiliza para detectar ou descubrir a presenza dunha determinada substancia ou fenómeno físico.
smDispositivo sensible ás correntes eléctricas de alta frecuencia que permite revelar a presenza de ondas ou de oscilacións radioeléctricas.
smfotodetector.
detector de gasesAparato que se utiliza para detectar a presenza de gases tóxicos ou inflamables.
detector de mentirasDispositivo que rexistra as reaccións emocionais dunha persoa, o ritmo respiratorio, as pulsacións, a presión sanguínea e a resistencia eléctrica da pel, ante as preguntas que se lle formulan.
detector de metaisInstrumento que se utiliza para detectar obxectos metálicos ocultos.
detector de partículasAparato ou dispositivo que permite rexistrar a presenza de partículas de núcleos e evidenciar a súa enerxía.