sfProceso de separación dos compoñentes dunha mestura líquida por vaporización parcial da mesma, cuxa fracción vaporizada se condensa e se recupera como líquido.
destilación azeotrópicarectificaciónazeotrópica.
destilación destrutiva/secaDestilación que consiste na descomposición térmica de substancias orgánicas complexas en ausencia de aire para rompelas.
destilación fraccionadaDestilación na que o vapor producido se condensa en diversas fraccións correspondentes a intervalos determinados de temperatura.
destilación ao baleiroDestilación dunha mestura líquida a presión reducida, inferior á atmosférica.
destilación simpleDestilación en que se vaporiza parcialmente a mestura, se condensan os vapores e se recolle o destilado separadamente do residuo.