agresión

< lat aggressiōne agredi ‘acometer, atacar’
Pliral: agresións
  1. s f Acción e efecto de agredir.
  2. s f BIOL Ataque contra o equilibrio ou a integridade dos organismos.
  3. s f BIOL Interacción específica entre animais que se enfrontan mediante ameazas, ataques ou combates.
  4. s f Acción ilexítima non xustificada legalmente contra os bens ou os dereitos dunha persoa e, en especial, contra a súa integridade física.
  5. agresión internacional DER Acción dun estado que toma a iniciativa de atacar coas súas forzas armadas o territorio ou as forzas armadas doutro estado.
  6. agresión sexual DER Delito que consiste en atentar contra a liberdade sexual dunha persoa con violencia ou intimidación.

Citas

  • As continuas agresións contra o organismo humano debilítano
  • Esta mañá houbo unha agresión contra a embaixada de EE UU