descarga

< descargar
Pliral: descargas
  1. s f Acción de descargar ou descargarse.
  2. s f BÉL Conxunto de disparos simultáneos de varias armas de fogo.
  3. FÍS
    1. s f Paso brusco de electricidade entre dous corpos de distinto potencial.
    2. s f Conversión da enerxía química que se almacena nunha pila en enerxía eléctrica.
    3. s f Liberación da carga eléctrica dun condensador nun circuíto externo.
    4. s f Paso de portadores de carga a través dun gas de baixa presión nun tubo de descarga.
    5. descarga luminosa Descarga eléctrica que atravesa un gas a baixa presión e fai que este se volva luminoso.
    6. descarga puntual Descarga que se produce en puntos agudos, onde a densidade de carga superficial é alta.
  4. s f CONSTR/ARQUIT Peso e forzas exercidas por un corpo ou estrutura arquitectónica, que se trasmiten a outro para alixeirar o primeiro.
  5. s f XEOL Perda de carga por erosión dos materiais supraadxacentes. É moi importante nos fenómenos de meteorización física.
  6. corrente de descarga XEOG Corrente mariña secundaria provocada por diferenzas de densidade e temperatura de dúas masas de auga.

Antónimos

Citas

  • As operacións de carga e descarga no peirao efectuáronse de madrugada
  • Os mortos amoreábanse por centos trala descarga da artillería