aglomerado -da

< aglomerar
Pliral: aglomerados Masculino: aglomerado Masculino plural: aglomerados Femenino: aglomerada Femenino plural: aglomeradas
  1. p reg aglomerar. 
  2. s m Resultado dunha aglomeración.
  3. s m XEOL
    1. Rocha clástica (ou detrítica) pouco coherente constituída por fragmentos de rochas anteriores unidos por cemento.
    2. Conxunto non consolidado de materiais piroclásticos (volcánicos) angulosos de máis de 3,2 cm de diámetro.
  4. TECNOL
    1. s m Material resultante dun proceso de aglomeración. Casos particulares de aglomerados son as láminas de partículas ou de fibras, de carbón ou doutros produtos.
    2. aglomerado de carbón Aglomerado de po de carbón, en forma de ladrillo (utilizado polos ferrocarrís e os barcos de vapor), ou de bólas ou ovoides (empregados nos fogares).
    3. aglomerado de cortiza Aglomerado feito cos restos da fabricación de cortizas. A cortiza tritúrase de forma que se converte nun granulado, que é escaldado e aglomerado a presión seguindo procedementos especiais segundo as diversas clases de aglomerado: aglomerado negro, aglomerado branco, aglomerado para discos e aglomerado para tapóns.

Citas

  • O moble tiña as portas feitas de aglomerado de madeira

Palabras vecinas