sfDesviación respecto ao curso ou ao comportamento normal dun fenómeno, dun proceso ou dun instrumento.
corrente de derivaCorrente mariña superficial causada pola acción continua do vento.
sfMAR
Desviación dunha nave do seu rumbo por efecto dos ventos ou das correntes.
Aleta vertical somerxida que ten por finalidade reducir a desviación dun barco.
sfAERON
Modificación da dirección de avance dunha aeronave respecto á dirección que debería ter.
Superficie vertical da cola dun avión que ten como finalidade manter a estabilidade da ruta.
sfFÍSDesviación angular da traxectoria real dun proxectil respecto ao plano de tiro.
sfMETROLariación lenta e continua dunha magnitude física ou das propiedades dun sistema, dun aparato ou dun instrumento de medida.
sfBIOLDesviación que produce na traxectoria das aves migratorias un vento de compoñente lateral.
ángulo de derivaFÍSÁngulo formado polo eixe lonxitudinal dun corpo en movemento e a dirección do seu vector de velocidade.
deriva continentalXEOLTeoría xeomorfolóxica baseada na idea de que as masas continentais flotan nun substrato plástico e experimentan un movemento de traslación.
deriva litoralXEOGTransporte e repartición dos elementos areosos que efectúan as ondas cando baten contra a costa de maneira oblicua.
deriva xenéticaXENAlteración non direccional nas poboacións pequenas, orixinada polos xenes que recibe cada xeración e que son unha mostra estatística dos xenes contidos na xeración precedente, o que produce unha diferenciación entre as diversas subpoboacións.