depresión

< lat depressĭōne
Pliral: depresións
  1. s f XEOG Sector da superficie da terra que está máis afundido respecto ao nivel das rexións circundantes.
  2. s f ECON Fase do ciclo económico na que a actividade se retrae cara a un estadio máis baixo do que lle corresponde á plena ocupación dos factores de produción.
  3. s f PSIC Estado emocional que se caracteriza por un debilitamento ou diminución das forzas anímicas, intelectuais e incluso físicas da persoa.
  4. s f TECNOL Baleiro producido polo pistón no movemento descendente.
  5. depresión atmosférica METEOR Núcleo de baixas presións que pode ser de orixe térmica, cando se produce un quentamento excesivo dunha masa de aire e descende a súa presión, ou dinámica, orixinada por un mecanismo de ascensión.
  6. depresión do horizonte ASTRON/MAR Ángulo determinado do plano ideal da superficie do mar e a tanxente a esta superficie.

Antónimos