deposición

< lat depositĭōne
Pliral: deposicións
  1. s f Acción de depoñer.
  2. s f Materia defecada.
  3. s f DER Pena vindicativa eclesiástica que se lles aplicaba aos clérigos consistente na suspensión do oficio, na inhabilitación para obter novos cargos e na privación de todos os beneficios que o reo posúe.
  4. s f DER Exposición ou redacción realizada verbalmente perante un xuíz ou tribunal.
  5. s f HIST Privación dunha dignidade ou cargo.

Citas

  • O médico recolleu no informe que houbo deposicións con sangue