smDEPSistema ordenado de actividades corporais sometido a unhas regras elaboradas previamente por unha organización, practicado de forma individual ou colectiva. Pódese practicar en competición ou en exhibición, ou como simple xeito de lograr un acondicionamento.
deporte adaptadoDEPDisciplina deportiva que se practica coa regulamentación modificada para que sexa accesible a persoas discapacitadas.
deporte de combateDEPEspecialidade deportiva baseada na loita na que o obxectivo é vencer a resistencia do contrario derrubándoo ao chan, golpeándoo nalgúns puntos do corpo ou botándoo fóra da área delimitada para a celebración da proba.
deporte de exhibiciónDEPEspecialidade deportiva da que se disputan probas nos Xogos Olímpicos fóra do programa oficial.
deporte de invernoDEPDisciplina deportiva que require para a súa práctica unha superficie xeada ou cuberta de neve.
deporte de motorDEPActividade deportiva que se desenvolve sobre vehículos de tracción mecánica autopropulsados.
deporte de oposiciónDEPDisciplina deportiva na que as competicións se desenvolven coa participación simultánea de dúas ou máis persoas ou equipos.
deporte extremoDEPActividade deportiva na que a dificultade da execución dos elementos que integran a disciplina e as condicións ambientais elevan o perigo para a integridade física dos participantes.
deporte náuticoDEPActividade deportiva que se desenvolve sobre a superficie do mar, fundamentalmente as regatas de embarcacións de todos os tipos.
deporte olímpicoDEPCalquera disciplina deportiva incluída no programa oficial dos Xogos Olímpicos.
deporte paralímpicoDEPCalquera deporte practicado en competición por persoas que sofren discapacidades, especialmente os incluídos no programa oficial dos Xogos Paralímpicos.