deontoloxía

< gr δέον −οντος   ‘o deber’ + -loxía
Pliral: deontoloxías
  1. s f FILOS Ciencia ou tratado que se centra nos deberes que se teñen que cumprir para poder chegar a un ideal de felicidade, o máis grande posible para o maior número de individuos.
  2. deontoloxía médica MED Ciencia ou tratado que estuda os deberes e a ética profesional dos médicos.