democracia

< gr δημοκρατία ‘goberno do pobo’
Pliral: democracias
  1. POLÍT
    1. s f Doutrina política que defende a intervención do pobo no goberno e na elección dos gobernantes.
    2. democracia cristiá Conxunto de movementos, partidos políticos e sindicatos que poñen ao servizo da democracia a doutrina dos Evanxeos. A súa ideoloxía combinaba a concepción católica de xustiza social coas ideas liberais sobre a democracia política.
    3. democracia política Conxunto lexislativo e constitucional que asegura o libre exercicio das liberdades políticas.
    4. democracia popular Réxime político establecido ao final da Segunda Guerra Mundial en diversos estados do leste e do surleste de Europa. Creouse baixo a dirección dos partidos comunistas como unha forma estatal no período de transición do capitalismo ao socialismo e como unha modalidade da ditadura do proletariado.
    5. democracia representativa Sistema político en que o pobo exerce a soberanía mediante a elección periódica polo corpo electoral dos órganos representativos.
  2. s f País cun sistema de goberno democrático.
  3. s f Sistema de participación de todos os membros dunha organización na toma de decisións.

Citas

  • As democracias de Europa Occidental son un modelo para outros países
  • Na asociación non hai democracia e faise o que di o presidente

Refranes

  • Ben parvo é o que coida que a xente é boba.
  • Cando todos che digan que es burro, ornea.
  • Voz do pobo, voz de Deus.