smAcción ou omisión dolosa ou culposa prohibida pola lei, segundo o ordenamento xurídico de cada estado, baixo a ameaza dunha pena grave.
delito comúnDelito que lesiona bens xurídicos individuais e é castigado polo código ordinario sen ser cualificado como político.
delito consumadoDelito que se produce cando se executaron todos os actos propios e característicos do feito delitivo e este chegou ao seu completo desenvolvemento e produciu o mal material e moral no que consiste.
delito de lesa maxestadeDelito cometido contra o xefe do Estado ou nas monarquías contra o rei, o seu sucesor ou o rexente.
delito de sangueDelito que atenta contra a vida ou a integridade física dunha persoa.
delito ecolóxicoDelito que consiste en provocar ou realizar directa ou indirectamente emisións ou vertidos de calquera xeito na atmosfera, na terra ou nas augas.
delito económicoDelito que atenta contra as estruturas básicas da orde socioeconómica.
delito fiscalAcción de defraudar a Facenda, mediante a elusión do pagamento de tributos ou o gozo indebido de beneficios fiscais.
delito frustradoDelito que, malia ser realizado, non produce o efecto desexado polo seu autor debido a un fallo.
delito militarAccións e omisións dolosas ou culposas castigadas polas leis militares ou polos bandos de guerra.
delito notorioDelito cometido en presenza dun xuíz ou publicamente.
delito políticoDelito dirixido contra a organización e o funcionamento do Estado ou contra os dereitos que desta organización e funcionamento proveñen para o cidadán; así como os delitos de dereito común que sexan determinados por móbiles políticos.
delito progresivoDelito que, ao repetirse, constitúe unha nova acción delitiva de maior gravidade.
delito públicoDelito que é perseguible de oficio polos propios órganos xurisdicionais.
delito socialDelito que está dirixido á perturbación ou destrución do réxime social e económico, contra os dereitos dos traballadores ou dos seus lexítimos intereses ou, en xeral, contra os intereses da maioría dos cidadáns.
flagrante delito/delito in fragantiDelito en que se sorprende ao delincuente no momento de cometer o feito ou ben inmediatamente despois de cometelo.
smHIST/DERAgravio, prexuízo ou dano cometido polo vasalo respecto ao señor.