delegación

< lat delegatĭōne
Pliral: delegacións
  1. s f Acción e efecto de delegar.
  2. s f Conxunto de persoas delegadas.
  3. s f
    1. Cargo de delegado.
    2. Circunscrición na que un delegado exerce o seu cargo.
    3. Oficina dun delegado.
    4. ADM Organismo das administracións públicas que depende doutro de rango superior e cun ámbito territorial e funcional xeralmente limitado.
  4. delegación de sinatura Remisión dun órgano administrativo a outro subordinado de resolucións e actos administrativos para que os asine no seu nome.

Sinónimos

Citas

  • A delegación dos traballadores negocian coa navieira o aumento de soldo
  • Asumiu a dirección da empresa por delegación do presidente
  • Ofrecéronlle a delegación de Facenda