definición

< lat definitĭōne
Pliral: definicións
  1. s f Acción de definir ou definirse.
  2. s f LING Expresión que delimita e describe o significado dun definiendum, presentando un equivalente definiens, e pola que se crea un obxecto determinado de pensamento.
  3. RELIX
    1. s f Determinación conceptual dunha verdade ou dun contido doutrinal realizada por unha persoa competente na materia.
    2. definición de fe/dogmática Proposición explícita dunha verdade que a Igrexa presenta como obxectivo de fe divina e católica e que goza das prerrogativas de infalibilidade e obrigatoriedade.
  4. s f FILOS Proposición que explica as notas que corresponden a un concepto, segundo o seu significado ou segundo o seu contido.
  5. s f MAT Introdución dun novo concepto que fai referencia a conceptos anteriores xa definidos.
  6. s f TECNOL/IMAX Fidelidade de reprodución dunha imaxe determinada polo número de liñas do sistema empregado.