sfActo xurídico polo que unha persoa relata o que sabe en relación cuns feitos a un funcionario público ou tribunal.
sfExposición, feita normalmente por escrito, dos impostos, tributos e feitos impoñibles en xeral.
sfActo unilateral realizado por un estado destinado a producir efectos de dereito nas relacións internacionais.
declaración de guerraFórmula de convenio entre estados no que un deles informa da apertura de hostilidades contra o outro.
declaración de inconstitucionalidadeSentenza emitida polo Tribunal Consitucional que declara unha norma, ou parte desta, coma non conforme á Constitución.
declaración falsaDelito contra a administración de xustiza que consiste na alteración da verdade nunha declaración susceptible de producir efectos xurídicos, en particular, no falso testemuño formulado contra o reo en causa criminal.
declaración xuradaManifestación oral, escrita ou mímica, feita baixo xuramento a requirimento da autoridade xudicial ou administrativa, ou de xeito voluntario ante notario.
declaración tributaria/da rendaDERDocumento que o suxeito pasivo lle presenta á administración tributaria, no que se recollen as circunstancias que constitúen o feito impoñible dun tributo.
Citas
Dous meses depois da declaración da enfermidade xa non había cura, Fíxolle unha declaración amorosa ao estilo trobadoresco
O acusado prestou declaración perante o xuíz, O tribunal de xustiza tomoulle declaración á testemuña do acusado