afroasiático -ca

Pliral: afroasiáticos Masculino: afroasiático Masculino plural: afroasiáticos Femenino: afroasiática Femenino plural: afroasiáticas
  1. adx Relativo ou pertencente conxuntamente a África e a Asia.
  2. lingua afroasiática LING Familia de linguas africanas subdividida nas pólas semítica, exipcia, bérber, cuixítica, omótica e chadiana.
  3. bloque afroasiático POLÍT Conxunto de países de Asia e de África que se uniron para facer fronte ás antigas metrópoles no proceso de descolonización destes dous continentes. Comezou a configurarse na Conferencia de Nova Delhi (1949) e as liñas principais da súa política establecéronse na Conferencia de Bandung (1955).