debilidade

< lat debilĭtāte
Pliral: debilidades
  1. f
    1. s Calidade ou estado de débil.
    2. Carencia de forza ou de vigor.
  2. s f
    1. Afección excesiva que mostra unha persoa por algo.
    2. Inclinación cara a unha persoa pola que se sente especial predilección.
  3. debilidade mental PSIC Estado psíquico que se caracteriza por unha diminución anormal da capacidade intelectual do individuo, asociado con importantes problemas de adaptación.

Sinónimos

Citas

  • A aquelas horas sempre tiña moita debilidade e tiña que comer algo
  • A súa debilidade sempre foi o tenis, nunca perde un partido
  • A súa única debilidade é tomar o café no bar
  • As debilidades humanas están presentes dende tempos moi antigos
  • Dende sempre tivo debilidade polo seu neto máis vello
  • Non podía andar porque tiña debilidade nas pernas, A debilidade dos partidos políticos evidenciouse ante a falta dunha solución ao problema

Refranes

  • Dous poldros a un can, ben o morderán.
  • Non remexas que todo te esparamexas.
  • O malpocado, pouco mal e ben laiado.
  • O que se deixa gobernar, mal pode mandar.