Expresa orixe ou procedencia, no espazo e no tempo.
Expresa o punto de partida dun proceso ou transformación.
prepExpresa unha situación espacial ou temporal.
prepExpresa a causa de algo.
prepExpresa a materia que constitúe ou da que está feita algunha cousa.
prepExpresa a función, uso ou destino do antecedente.
prepExpresa o contido ou o asunto do que trata algo.
prep
Expresa como se fai ou acontece algo.
Forma parte de certas locucións modais.
prepIntroduce un complemento con valor partitivo tras cuantificadores e ante un termo que designa o conxunto do que se extrae certa cantidade.
prepIntroduce o complemento axente dunha construción pasiva.
prepEmprégase ante infinitivos e tras verbos formando ou non perífrases.
prepAdquire valor condicional cando vai seguida de infinitivo. OBS: A preposición de contrae co artigo determinado e dá lugar ás formas do(s), da(s); co artigo indeterminado dá lugar a dun(s), dunha(s); coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa dá lugar a del(es), dela(s); cos demostrativos dá lugar a deste(s), desta(s),disto,dese(s),desa(s),diso,daquel(es),daquela(s),daquilo, destoutro(s), destoutra(s), desoutro(s), desoutra(s),daqueloutro e cos indefinidos dá lugar a dalgún(s),dalgunha(s), doutro(s),doutra(s).
Citas
A neglixencia é ben coñecida de todos
Acabaron de comer e marcharon, Comezaron de dicir que o espectáculo era moi malo, Tras verbos de pensamento ou intención, Ordenaron de labrar o campo e sementar patacas, Pensei de llelo dicir aos meus pais, Tralos auxiliares ter, haber e deber en perífrases obrigativas (Debo de ir con ela); con deber e haber en perífrases hipotéticas (Ha de haber uns cinco anos do sucedido) e con haber en perífrases temporais de futuridade (Has de calar cando cho conte)
Algúns dos que estamos aquí serán elixidos, Só un dos meus irmáns fixo carreira, OBS: O substantivo pódese tomar en todo o seu significado virtual e mesmo pode carecer de determinación, Comemos moi pouco de pan, Patacas este ano collemos ben delas, A indicación de cantidade pode estar implícita, co que se indica simplemente que se extrae unha parte dun todo, Prefiro comer disto ca daquilo, Tamén ten este valor partitivo nas expresións admirativas de cantidade ou ante certos infinitivos, substantivados ou non, Había ben de xente, ¡Que de xente! Deulle de comer ao can (‘algo de comer’)
Caeu de fociños ao chan, Empezou a chover de repente, Vai de vagar que che sairá mellor, O regalo saíume de balde
Choraba de alegría, Deulle un infarto de tanto comer
Colleu a cámara de fotos, Deulle coa táboa do peixe
Colleu o pano de fregar para limpar o que tirara, Escolleu o neno de chaqueta azul, Visitaron a praza do Obradoiro
Comeu todo dunha sentada
Comeu un guiso de garavanzos, Compraron unha mesa de formica
Compraron patacas das de a corenta céntimos de euro
Comprou un becerro de boa raza, Venden productos de ínfima calidade
De aquí a alá logo se chega, Do instante en que a vin, xa souben de quén era filla, De hoxe ata mañá prefiro non saír da casa, Abrimos de nove a dúas todos os días da semana
De feito o traballo, tomaron unha borracheira negra, De que tomes o caldo, podes ver a televisión
De ires ao cine lévame contigo
De por el mesmo non é quen de facer nada
É filla do seu irmán
É moi ancha de cadeiras, O bo do home non sabía qué facer, OBS: A palabra que complementa o adxectivo pode ser un infinitivo polo que a prep adquire un valor próximo ao de para, digno de ou dun adxectivo en -ble, O que me propós é ben fácil de facer
En dous meses fixeron dun home un gato, Tes que conseguir facer da túa vida desgraciada un poema
Estragouse o reloxo da auga que lle entrou, Ten a pel queimada do sol
Foi á casa de Maruxa, Colleu o libro do pai
Hoxe é o día do seu cabodano, De inverno vai moito frío, Dixo que viña da outra beira do río, De verán aluga unha casa na praia, OBS: Alterna coas preposicións en e a, Na construcción unha (dúas, etc) + vez alterna a presencia e a ausencia de preposición, Xa vai de dúas veces que non me quixo comer, (D)unha vez foramos todos a lle arrincar as patacas
Lemos Os eidos de Uxío Novoneyra
Regaloulle unha novela de misterio, Escribiulle un poema de amor, Trouxo unha botella de auga
Sabe moito de filosofía, Colleu de libros e foise correndo, OBS: A preposición de contrae co artigo determinado (o, a, os, as) e dá lugar ás formas do, da, dos e das; co artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas) e dá lugar a dun, dunha, duns e dunhas; coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa (el, ela, eles, elas) e dá lugar a del, dela, deles e delas; cos demostrativos (este, ese, aquel, isto,,; estoutro, esoutro, aqueloutro) e dá lugar a deste, dese,, destoutro, desoutro, daqueloutro; e cos cuantificadores (algún e outro) e dá lugar a dalgún, doutro
Saíulle mal porque o fixo de mala gana, Andei de xeonllos todo o percorrido da procesión
Sónchevos horas de vos irdes para a cama
Teño un cativo de catro anos, Comprei un libro de cinco euros
Volveu axiña da praza, Vén do país veciño, A tartamudez vénlle dun susto que lle deron cando era cativa, Parece ser que o artefacto é dos tempos da guerra, OBS: Para remarcar o lugar de orixe, combínase con outras preposicións, Aínda che vén agora de entre as mantas, Vimos de coas ovellas de as alindar na camposa
Xa pasa dos cen anos, Pésache ben máis de dezaseis quilos