sfEstimación da idade dun material xeolóxico, dun fósil ou dun xacemento arqueolóxico que establece a antigüidade respecto a outros materiais cos que se establecen relacións de contemporaneidade, anterioridade ou posterioridade, segundo unha sucesión.
datación por potasio-argónTécnica de datación que se basea na desintegración do radioisótopo potasio-40 en argón-40, e na que o proceso completo tardaría 1,27·10 10 anos.
datación por radiocarbonoARQUEOLcarbono14.
datación por rubidio-estroncioTécnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo rubidio-87 no isótopo estable estroncio-87, na que o proceso completo tardaría 4,7·10 10 anos.
datación por termoluminiscenciaTécnica de datación baseada na cuantificación dos fotóns de luz que emite un sólido ao sometela a un aumento de temperatura. A diferenza de emisión de luz do material depende de pequenas cargas eléctricas da estrutura cristalina que varían co paso do tempo.
datación por uranio-chumboTécnica de datación baseada na desintegración do radioisótopo de uranio-238 a chumbo-206, na que o proceso completo tardaría 4,5·10 9 anos.
datación químicaTécnica de datación baseada na composición química dun espécime do que se sabe que sofre lixeiros cambios químicos co paso do tempo, como a substitución dos fosfatos por ións de flúor nos ósos soterrados.
Citas
A datación do fósil levoulles moito tempo pero ao final descubriron que tiña máis de tres mil anos