dama

< fr dame lat domĭna
Pliral: damas
  1. s f
    1. Tratamento de respecto que se lles dá ás mulleres, en particular ás que pertencen á nobreza.
  2. s f Peza do xadrez, a máis importante despois do rei.
    1. s f Peza que, no xogo de damas, se cobre con outra da mesma cor cando consegue chegar á primeira liña do contrario e que se pode mover en todas as direccións.
    2. s f pl Xogo de habilidade practicado entre dúas persoas.
  3. dama branca MIT Ser fantástico da mitoloxía que se relaciona cos humanos, á que se lle atribúen calidades positivas, como a fermosura e a bondade.
  4. dama de honra/honor
    1. Muller que acompaña a elixida nun concurso de beleza, a raíña dunha festa ou a noiva na cerimonia do seu casamento.
    2. HIST Muller que servía e acompañaba a raíña e as princesas.

Sinónimos

Citas

  • Ante unha situación tan comprometida, comportouse coma unha verdadeira dama
  • Aquela moza sempre fora a dama dos seus soños
  • As damas deben pasar antes cós cabaleiros, Damas e cabaleiros, a función vai comezar
  • Celebrouse unha festa no palacio á que asistiron as damas máis ilustres
  • Levaban cinco minutos de xogo e xa tiña unha dama
  • No último movemento comeulle a dama co rei