custo

< custar
Pliral: custos
  1. ECON
    1. s m Importe das cargas necesarias para a adquisición ou produción dun ben ou servizo.
    2. custo da vida Gastos precisos nun determinado momento para manter un certo nivel de vida.
    3. custo fixo Custo independente do volume de produción.
    4. custo marxinal [CMA] Custo adicional que resulta dun pequeno aumento na produción.
    5. custo medio [CM] Custo por unidade de produto, resultado do cociente do custo total polo número de unidades producidas.
    6. custo variable Custo que varía segundo a cantidade producida.
    7. custo xeral Custo que resulta da suma do custo fixo e do custo variable e representa o gasto necesario que hai que investir para obter un certo volume de produción.
    8. teoría dos custos comparativos/comparados/relativos Tese que trata de explicar as condicións do comercio internacional, formulada por David Ricardo e baseada na división internacional do traballo.
  2. s m Esforzo que require a realización de algo.
  3. custo por mil COMUN/ECON Investimento necesario para alcanzar mil individuos dun determinado grupo, a través dun ou de máis medios de comunicación.

Citas

  • Despois dun gran custo, chegou á meta