curvatura

< lat curvatūra
Pliral: curvaturas
  1. s f
    1. Calidade de curvo.
    2. Forma curva dun corpo.
  2. s f MAT Límite da razón, nunha curva plana, entre a variación da inclinación da tanxente sobre un arco dado e a lonxitude deste arco ao facelo tender a cero.
  3. curvatura de campo FÍS Aberración xeométrica que consiste na imposibilidade de conseguir imaxes nítidas sobre unha superficie plana dun obxecto plano e perpendicular ao eixe dun sistema óptico.
  4. curvatura do espazo FÍS Propiedade xeométrica do espazo-tempo, no marco da relatividade xeral, pola que este se curva por mor da presenza de materia.
  5. raio de curvatura MAT Raio dunha circunferencia que ten unha curvatura que coincide coa dunha curva nun punto dado. Esta circunferencia recibe o nome de círculo de curvatura ou de círculo osculador.

Citas

  • A curvatura da bóveda de canón