sfTratamento especial ao que se somete un enfermo coa finalidade de eliminar ou paliar a doenza que sofre.
cura de altitudePermanencia na alta montaña como medio terapéutico.
cura de augasTratamento de certas enfermidades mediante diversos tipos de augas minerais.
cura de desintoxicaciónTratamento que se aplica a unha persoa para eliminar a súa dependencia fisiolóxica e psicolóxica a determinadas substancias.
cura intensivaAplicación continua, en departamentos clínicos especiais, dos procedementos de observación, diagnose e tratamento adecuados ás enfermidades graves.
sfAplicación de substancias medicamentosas e de apósitos enriba dunha ferida para que cure.
smSacerdote que ten ao seu cargo unha freguesía.
cura de almasFunción do sacerdote encargado dunha parroquia.
sfCONSTRTratamento do formigón que mantén húmidas as súas superficies para impedir a evaporación da auga de amasado e suavizar a retracción.