cúpula

< ital cùpola
Pliral: cúpulas
  1. ARQUIT/ARTE
    1. s f Tipo de cuberta que, cunha superficie semiesférica xerada pola rotación dun eixe central, cobre unha planta constituída por un cilindro ou un polígono de moitos costados.
    2. cúpula de cuarteiróns/lobulada Cúpula levantada sobre unha base circular e dividida en elementos independentes que teñen curvada a súa base.
    3. falsa cúpula Cúpula construída pola superposición de fiadas.
  2. s f Conxunto de persoas que teñen ao seu cargo a dirección dalgunha organización.
  3. s f BOT Parte do froito das fagáceas que envolve a base do aquenio.
  4. s f BOT Arilo de teixo.
  5. s f BOT Envoltura que nas pteridospermas inclúe unha ou máis sementes.
  6. s f ANAT Parte alta de certos órganos e estruturas anatómicas.
  7. s f XEOL Pequena protuberancia que se separa do corpo principal dunha intrusión ígnea.

Sinónimos

Citas

  • A cúpula dese partido político reuniuse para analizar os resultados electorais