cúmulo

< lat cumŭlu ‘amontoamento’
Pliral: cúmulos
  1. s m Gran cantidade de cousas.
  2. s m METEOR Nube branca de forma arredondada e orixe convectiva producida pola ascendencia de masas de aire por mor do quentamento da superficie terrestre pola radiación solar.
  3. cúmulo de estrelas ASTRON Agrupamento de estrelas que contén desde cincuenta ata millóns de elementos que, na maioría dos casos, tiveron a mesma orixe.
  4. cúmulo de galaxias ASTRON Conxunto de galaxias que presentan unidade de orixe e de movemento.

Citas

  • Os xornais ofreceron un cúmulo de noticias sobre o suceso, Tiña na mesa un cúmulo de papeis, Producíronse un cúmulo de circunstancias adversas que provocaron o accidente, En pouco tempo só dixo un cúmulo de sandeces