afonsino -na

< Rei Afonso
Pliral: afonsinos Masculino: afonsino Masculino plural: afonsinos Femenino: afonsina Femenino plural: afonsinas
  1. adx Relativo ou pertencente ao rei Afonso e ao seu reinado.
  2. s HIST Partidario de Afonso XII e do afonsismo.
  3. adx LIT Relativo ou pertencente ao período trobadoresco que floreceu durante o reinado de Afonso X o Sabio e Afonso III de Portugal.
  4. s m NUMIS Moeda que circulou en Portugal e nos territorios das Coroas de Castela e Aragón durante a Idade Media.
  5. táboas afonsinas ASTRON Táboas astronómicas establecidas a partir de 1252 por Yehudà ben Mošé e Iṣḥaq ben Sid e que foron confeccionadas en 1272, por encargo e baixo a supervisión de Afonso X o Sabio. Calculáronse a partir do meridiano e  paralelo de Toledo e están baseadas na teoría de Ptolomeo.

Citas

  • No período afonsino producíronse as cantigas marianas de Afonso X
  • O dereito foral da Coroa de Castela está recollido nas Partidas afonsinas