cuarteirón

< fr quarteron
Pliral: cuarteiróns
  1. s m Cada unha das catro partes en que se divide un todo.
  2. s m METROL Medida de capacidade que equivale a un cuarto de litro.
  3. s m METROL Medida de peso que equivale a 125 g.
  4. s m Cuarta parte dun cento.
  5. s m Cada unha das catro fases da Lúa.

Citas

  • Comprou un cuarteirón de larpeiradas
  • Día si e día non vai buscar un cuarteirón de leite
  • Plantou un cuarteirón de cebolas
  • Sempre come dous cuarteiróns de mazá na sobremesa