cromóxeno -na

Pliral: cromóxenos Masculino: cromóxeno Masculino plural: cromóxenos Femenino: cromóxena Femenino plural: cromóxenas
  1. adx MICROB Aplícase á bacteria que produce pigmentos que lles dan cor ás súas colonias. Tm s.
  2. adx QUÍM Que se pode transformar nun colorante por introdución na súa molécula dun grupo cromofórico e, posteriormente, dun auxocrómico. Tm s m, referido a substancia.
  3. adx QUÍM Que contén un ou varios grupos cromofóricos e que se pode converter nun colorante pola adición de radicais, como o hidroxilo (-OH) ou o amidóxeno (-NH 2 ). Tm s m, referido a substancia.