cromatóforo

< cromato- + -foro
Pliral: cromatóforos
  1. s m ZOOL Cada unha das células dérmicas cheas de pigmentos que hai en determinados animais, e que poden orixinar cambios de cor.
  2. s m BOT Calquera clase de plastidio, na citoloxía botánica, sobre todo cando a súa cor non é verde.
  3. s m MICROB Orgánulo arredondado, de estrutura non lamelar, onde se concentran os pigmentos asimiladores nas bacterias fotosintetizadoras.