sfaloración sobre unha obra artística ou literaria.
sfProfesión dos que escriben críticas.
crítica históricaHISTEstudo das fontes documentais que se efectúa sobre personaxes ou feitos históricos para establecer o seu grao de autenticidade.
crítica textualLITDisciplina filolóxica que tenta restituír a versión dunha obra máis próxima ao orixinal do autor, a partir da análise dos testemuños que a difundiron.
sfFILOSDisciplina que tenta discernir a natureza, as condicións de posibilidade, os límites e os presupostos de coñecemento humano.
Citas
A crítica especializada non valorou suficientemente o seu traballo
Fíxolle unha crítica demoledora á posta en escena da súa última representación teatral, Gústalle moito a critica á hora do café
Ten compañeiros que exercen a crítica teatral
Unha boa crítica pode salvar un espectáculo
Refranes
A auga de correr e á xente de falar non se lle pode privar.
A roupa moi lixosa lávase na casa.
As faltas alleas, na alforxa dianteira; e as faltas nosas, na traseira alforxa.
Cala e calemos, que, que n ten o tellado de vidro, ben o sabemos.
Canto máis se revolve a merda, máis mal cheira.
Di a pega e todos din dela.
Dixo a tixola á caldeira: ¡Arrédate alá, tisneira!
Díxolle a tixola ao pote: ¡Tírate alá non me lixes!
Díxolle o burro ao mulo: ¡Tírate alá, orelludo!
Fai tanta falta o fel coma o mel.
Fel e mel son mester.
Hainos, hainos, hainos, hainos, hainos, que non houbera; hainos de media polaina e hainos de polaina e media.
Hainos, hainos, hainos, hainos, hainos, que non houbera; hainos de media polaina, e hainos de polaina enteira.
Irse á pedra e non a que n a tira, ten pouca valentía.
Ládreme que n queira, mentres eu teña cartos na faldriqueira.
Mellor é botar coplas que botar mans ás mocas.
Non hai mal sen baldón nin baldón sen galardón.
O corcovado non ve a corcova que leva senón a allea.
O eslombado non ve a lomba que leva, pero ve a alIea.
O que allos come, pícase.
O que di mal da egua, ese é quen a merca.
O que non comeu allos, non cheira a eles.
Por moito que me ladren, inda han ter máis que ladrar.
Pouco fel fai amargo moito mel.
Quen fala mal da pera, ese a merca.
Quen mal di, mal ha de oír.
Se metes a man no teu seo, non dirás do malfado alleo.
Todos me saben o viño que bebo e non me saben a sede que teño.
Ver a palla no ollo alleo e non ver a viga no propio.
Ves no ollo do veciño a palla e non ves no teu a • tranca.