crista

< lat crista
Pliral: cristas
  1. s f ZOOL Excrecencia carnosa que teñen sobre a cabeza algunhas galináceas, xeralmente máis desenvolvida nos machos.
    1. s f Parte máis elevada ou saínte de certas cousas.
    2. s f ANAT Estrutura alongada e estreita do organismo.
    3. s f BOT Arilo de pequenas dimensións formado sobre o rafe que presentan as sementes de moitas papaveráceas.
    4. s f XEOG Parte estreita da divisoria de augas dalgunhas montañas.
    5. s f XEOG Cada unha das beiras abruptas que envolven un anticlinal.
    6. s f XEOG Relevo dos fondos oceánicos de forma alongada.
    7. crista topográfica XEOG Punto máis alto dunha elevación do terreo.
  2. s f PLANTA Denominación popular que reciben algunhas especies de herbáceas do xénero Polygonum.
  3. s f FÍS Punto onde unha onda ou unha magnitude variable no tempo toma o valor máximo dentro dun intervalo determinado.

Citas

  • A crista do pavón é moi vistosa
  • As cotovías teñen unha crista de plumas
  • Partiu a crista da tibia xogando ao fútbol
  • Tráeme o sacho de crista, A crista da onda chegaba aos dez metros de altura

Frases hechas

  • Abaixarlle/baixarlle a un a crista. Humillar a algu
  • Darlle a un na crista. Vencer a algu
  • Erguer a crista. Adoptar unha actitude arrogante.

Formas incorrectas

cresta