crime

< lat crīmen
Pliral: crimes
  1. s m Delito que consiste en matar unha persoa.
  2. DER
    1. s m Infracción punible de carácter grave.
    2. crime contra a humanidade Delito contra os dereitos fundamentais da humanidade, establecido no Estatuto do Tribunal Internacional de Nuremberg de 1945.
    3. crime de guerra Acción que viola o contido das leis, dos acordos e dos costumes das contendas bélicas.
    4. crime de lesa maxestade delito de lesa maxestade.
  3. s m fig Falta ou prexuízo considerado grave, aínda que non é castigado porque as súas consecuencias non comprenden directamente o ámbito xudicial.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • Están os dous irmáns na cadea por cometeren un crime
  • Foi un crime botar todo ese lixo ao río