aberración

< lat aberratiōne lat aberrāre ‘afastarse, extraviarse’
Pliral: aberracións
  1. s f Desviación do que está considerado como normal ou natural por un sistema moral establecido.
  2. s f MAT Singularidade que se presenta cando os valores obtidos dun conxunto de observacións dunha magnitude distan do valor medio obtido co total das observacións.
  3. s f IND/ARTE Distorsión da cor ou da forma nunha imaxe fotográfica causada por un obxectivo.
  4. FÍS
    1. s f Discrepancia, nun sistema óptico, entre a imaxe real e a preeditada polas fórmulas habituais.
    2. aberración cromática/de refranxibilidade Aberración dos sistemas dióptricos (lentes) que proxecta unha coloración ou irisación nos bordos da imaxe.
    3. aberración xeométrica Aberración que ten a súa orixe na forma da superficie do dióptrico ou na maneira de incidir o feixe luminoso sobre o dióptrico.
    4. aberración acústica Alteración que experimenta a frecuencia das ondas sonoras cando o punto emisor se achega ou se afasta do receptor.
  5. aberración cromosómica XEN Anomalía no número ou na estrutura normal dos cromosomas.
  6. aberración lumínica ASTRON Fenómeno polo que a dirección aparente en que se ve un astro é diferente da dirección real.

Confrontaciones

Citas

  • Os xenocidios, as guerras, as deportacións e a limpeza étnica dos territorios son, xunto coas restantes violacións dos dereitos humanos, aberracións