crédito

< lat crēdĭtu ‘débeda’
Pliral: créditos
  1. s m creto.
  2. s m Situación económica que lle permite a alguén comprar sen ter que pagar ao contado ou conseguir diñeiro prestado.
  3. s m
    1. Operación pola que unha persoa ou entidade presta a outra unha cantidade de diñeiro, para ser devolto, con xuros, nun determinado prazo de tempo.
    2. Cantidade que se dá ou pide.
  4. s m ECON Intercambio non simultáneo entre a prestación e a contraprestación de bens, diñeiro ou servizos.
  5. s m PEDAG Unidade didáctica que concreta unha aprendizaxe e que se imparte durante un número de horas determinado.

Citas

  • Quédanlle tres créditos para rematar a carreira
  • Ten crédito nos almacéns desa compañía