smBIOLIncremento da masa ou do número de células, organismos ou poboacións.
crecemento exponencialBIOLForma de crecemento dunha poboación en que o ritmo de crecemento é maior canto maior é o número de individuos.
crecemento primarioBOTDesenvolvemento en lonxitude dunha planta.
crecemento secundarioBOTDesenvolvemento en espesura dunha planta.
ECON
smAumento dunha magnitude económica durante un período determinado sen que aumenten necesariamente as variables cualitativas.
crecemento ceroHipótese dunha taxa nula de crecemento que permitiría e garantiría a supervivencia no planeta.
crecemento económicoIncremento dos servizos e do número de bens producidos, que supón o aumento do PIB e da renda per cápita dun país.
crecemento sostidoCrecemento económico que se caracteriza por un ritmo constante ao longo de diversos períodos de tempo.
DEMOG
crecemento da poboaciónResultado do crecemento vexetativo neto (natalidade menos mortalidade) e mais o saldo migratorio neto (inmigración menos emigración) dun territorio determinado durante un período de tempo.
crecemento realDiferenza entre o crecemento vexetativo e o saldo migratorio dunha poboación.
crecemento vexetativoDiferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións nunha poboación durante un período de tempo. OBS: Tamén se denomina crecementonatural.
factor de crecementoBIOQCada unha das substancias polipeptídicas que inducen á mitose.
hormona do crecementoBIOQHormona de natureza peptídica segregada pola adenohipófise, que acelera directamente o crecemento dunha variedade de tecidos e induce ao fígado a sintetizar unha serie de factores de crecemento polipeptídicos, denominados somatomedinas.