cova

< lat vulg *cova lat cavu ‘oco’
Pliral: covas
  1. s f Cavidade natural escavada nas rochas.
  2. s f Cavidade nun terreo que serve de refuxio ou vivenda a certos animais.
  3. s f Lugar onde se enterran os mortos, especialmente cando está cavado na terra.
  4. cova do brazo ANAT axila.
  5. cova da perna ANAT sofraxe.
  6. cova do ollo órbita.

Citas

  • Á mina de auga chégase a través dunha pequena cova
  • En Orce aloxeime nunha cova durante o verán
  • Fomos á praia das Catedrais e puidemos entrar nas covas porque estaba a marea baixa, Os homes prehistóricos realizaron as primeiras manifestacións pictóricas nas covas
  • Iamos polo monte e vimos a cova dun raposo
  • Sacaron o cadaleito da cova e comprobaron que o corpo estaba incorrupto