cotorra

Pliral: cotorras
  1. s f ANIMAL/ORNIT Ave arborícola da familia dos psitácidos, de corpo alongado e cola moi longa, que presenta plumaxe verdosa e peteiro curto con forma de gancho.
  2. cotorra arxentina ANIMAL/ORNIT Ave que ten a fronte, a gorxa e o peito de cor cinsenta. Vive en colonias numerosas e constrúe grandes estruturas nas árbores con paus que lle serven para aniñar e durmir.
  3. cotorra de Kramer ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos psitácidos, de cola moi longa e coa mandíbula superior do peteiro vermella escura e a inferior negra.

Palabras vecinas