sfCantidade de cartos que lle toca pagar a alguén nun gasto común.
cota sindicalContribución económica dos traballadores afiliados a un sindicato, destinada a cubrir os gastos de organización e das actividades sindicais.
cota tributariaCantidade que debe ser aboada ao ente público en concepto de tributo, como resultado de aplicar o tipo impositivo á base.
sfECONCantidade de bens ou servizos que se poden exportar ou importar no comercio internacional.
sfECONCantidade máxima que se pode producir ou capturar dun ben, determinada polas autoridades gobernamentais, para evitar a caída dos prezos por mor dunha superprodución, favorecer a entrada nos mercados dos produtos de determinadas áreas que, noutras circunstancias, quedarían relegados polos seus competidores ou protexer as poboacións e garantir unha serie de condicións precisas para a súa reprodución.
sfXEOG
Altura dun punto.
Número que nos planos topográficos representa a altitude dun punto respecto a un nivel de base, xeralmente o nivel do mar.
sfCada unha das cifras que indican as dimensións do obxecto representado en debuxo técnico.
cota viuvalDERNome do lexítimo usufrutuario do cónxuxe supervivente, no caso de que non se deixase testamento.
Citas
A afluencia de público superou as cotas de participación en certames anteriores
É un proxecto colectivo no que cada individuo pode escoller a súa cota de participación
Na orde do día figura a suba da cota aos asociados
Os prezos das vivendas acadaron cotas imprevisibles, Os datos revelan que a calidade de vida non acada a cota doutros países